Ganadería en Femenino, o proxecto de Zoetis para contribuir a visibilizar o papel da muller no sector

Ganadería en Femenino, o proxecto de Zoetis para contribuir a visibilizar o papel da muller no sector

Zoetis presenta Ganadería en Femenino, unha iniciativa que conta co apoio da Asociación de Mulleres de Cooperativas Agro-alimentarias de España (AMCAE) e de Gandeiras Asturianas co que a compañía quere apoiar o labor de gandeiras, veterinarias, enxeñeiras, investigadoras e empresarias do sector na gandería.

Ganadería en Femenino susténtase en tres áreas fundamentais. As dúas primeiras, Comunicación e Formación, constarán dunha campaña baseada en creatividades que contribúan a esa maior visibilidade e dun maior soporte naquelas áreas de especialización que máis se demanden (tanto en temas técnicos como noutros máis relacionados coa xestión e a empresa), respectivamente.

A terceira é o Recoñecemento ao seu labor no ámbito da innovación a través da creación este ano do Premio Zoetis Ganadería en Femenino, ao que poden optar gandeiras e veterinarias, e tamén empresarias, investigadoras, formadoras, comunicadoras, etc do sector. O seu obxectivo é recoñecer a traxectoria e/ou a actividade daquelas mulleres cuxos proxectos concretos no ámbito da gandería resulten innovadores e acheguen valor á comunidade na que se desenvolven, xa sexa porque responden a unha necesidade concreta ou a un desafío do sector, porque destaquen pola súa creatividade e orixinalidade, ou ben pola súa eficiencia e rendibilidade.