Fliegl inaugurou o seu novo centro en Lugo

A compañía alemá Fliegl ofreceu este mediodía na capital lucense unha xornada de portas abertas para dar a coñecer o seu novo centro na cidade. O acto deu comezo ás 11.00 horas cunha presentación da empresa  a cargo de distintos directivos da mesma e seguiu cunha visita guiada polas súas instalacións.