Esta gandería vilalbesa pertenceu a Finca Arousa durante 15 anos e fai dous que Xaquín López a mercou. Recentemente substituíron a súa sala rotativa por catro robots DeLaval VMS™ V300, cos que chegaron a unha media de 3,2 muxidos por vaca diarios e tamén conseguiron aumentar a produción.
Falamos con Miguel Ángel Gómez, xerente da empresa Tecnoagri, distribuidora de DeLaval na zona da Terra Chá, para coñecer como funcionan estas máquinas e que melloras notaron nesta explotación.