FIMA 2020: ata a próxima edición!

A 41ª edición da Feira Internacional de Maquinaria Agrícola (FIMA) pechou as súas portas o pasado 29 de febreiro batendo marcas nas súas cifras: 237.466 visitantes (a maioría deles profesionais), 1.652 marcas expostas nos seus 163.500 metros cadrados, 41 innovacións técnicas premiadas, máis de 3.000 reunións e encontros internacionais entre as firmas expositoras, máis de 2.000 asistentes ás xornadas e actividades paralelas e preto de 80 nacionalidades que se deron cita en FIMA 2020. Todos estes números confirman unha vez máis FIMA como a feira dedicada ao sector agrícola máis grande de España e un referente feiral do Sur de Europa.

Na caseta de EuroChem Agro Iberia puidemos aproveitar a nosa presenza para dar a coñecer as nosas solucións de fertilización para os máis importantes cultivos, e aproveitamos a ocasión tamén para agradecer a visita dos nosos clientes, amigos e colegas ao noso espazo na feira, que honraron coa súa presenza.

REPORTAXES EN VÍDEO: