Fertiprado presenta o seu campo de ensaio de Mazaricos

Fertiprado presenta o seu campo de ensaio de Mazaricos

Fertiprado e Fertiberia Tech, en colaboración con AgroBotica, SAT Busto Corzón e Botica do Xallas, organizaron hoxe unha xornada para presentar solucións de mesturas anuais ricas en leguminosas que teñen no seu campo de ensaio de Mazaricos.

No encontro estiveron presentes representantes das diferentes entidades organizadoras e contaron coa presenza dun grupo de gandeiros italianos, clientes da filial italiana de Fertiprado, que asistiron a esta xornada de campo para coñecer as mesturas. Durante a sesión debatéronse temas económicos, como os custos destas forraxes ou o valor do nitróxeno fixado polas leguminosas, e tamén temas ambientais, como o impacto na pegada de carbono ou a mellora dos solos.