Fertinagro Biotech e Auravant alíanse en favor dunha agricultura de precisión e nutrición sustentable dos chans

Fertinagro Biotech e Auravant alíanse en favor dunha agricultura de precisión e nutrición sustentable dos chans

O grupo Fertinagro súmase á agricultura 4.0, xunto a Auravant, para ofrecer solucións ao agro nun contexto que esixe minimizar os impactos ambientais sendo cada día máis sustentables e fomentar a seguridade alimentaria.  A través das últimas tecnoloxías dispoñibles, como as imaxes satélite e integración de diferente información xeorreferenciada de cada parcela; a caracterización ambiental; o manexo do sitio específico; a toma de mostras en campo con aplicación móbil e determinación de ambientes; a inxestión de imaxes de dróns; o rexistro de choivas e clima etc., obterase información detallada e precisa que será decisiva á hora de asesorar os agricultores sobre como realizar unha nutrición sustentable nos chans agrarios e aplicar agricultura de precisión.

Fertinagro Agrovip, en alianza con Auravant –socio tecnolóxico–, aplicará un software de tecnoloxía dixital co que se axudará aínda máis a que os agricultores obteñan os mellores resultados. A través desta plataforma de agricultura dixital integrable e colaborativa maximízase a eficiencia e a rendibilidade de cada hectárea de campo, á vez que a toma de decisións redundará na diminución da súa pegada ecolóxica.

Esta ferramenta daralle a Fertinagro a capacidade de avaliar os resultados entendendo o rendemento puntual dos produtos en cada aplicación e en cada metro cadrado do campo. 

Ampliar información na nota de empresa difundida por Fertinagro Biotech