Fertiberia TECH presenta Neoforce Care, a súa nova gama de productos tecnolóxicos

Fertiberia Tech, a marca encargada da área de solucións de nutrición vexetal máis tecnolóxicas do Grupo Fertiberia, presenta a súa nova liña de produtos biotecnolóxicos denominada Neoforce Care. Esta nace coa idea de adaptarse aos retos da agricultura moderna, amparándose na tecnoloxía Care para lograr un cambio nos métodos de fertilización e protección.

As plantas teñen un metabolismo complexo e versátil debido á plasticidade dos seus xenomas, o que lles permite desenvolver sistemas de protección máis eficientes fronte ao estrés biótico e abiótico. Neste sentido, a gama Neofare Care mantén activados de maneira constante eses mecanismos naturais, garantindo unha protección activa. "A sustentabilidade está no ADN da nosa compañía. A nosa ambición é liderar a produción de solucións de nutrición vexetal totalmente respectuosas coa nosa contorna e o lanzamento desta nova liña é unha das claves para logralo", indica Antonio Santana, director comercial de Fertiberia Tech.

Estes produtos interveñen en diversos campos como a bioestimulación, a bioprotección, a biofertilización e a nutrición vexetal. Cada unha das áreas comprende diversas propostas de utilización, desenvolvidas para diferentes tipos de cultivo e cos seus propios obxectivos.