Fertiberia TECH incorpora na súa liña Nergetic a tecnoloxía DUO PRO

Fertiberia TECH deu un paso máis no camiño da sostibilidade agraria, que esixe cada vez máis a protección dos chans de cultivos, reducindo ao mínimo o posible impacto ambiental dos fertilizantes. Así, a compañía acaba de incorporar á súa liña de fertilizantes Nergetic DYNAMIC a tecnoloxía DUO PRO, que protexe o nitróxeno e prolonga a súa actividade, permanecendo activo no chan durante máis tempo.

DUO PRO incorpora dúas tecnoloxías de última xeración, como son a xa coñecida tecnoloxía C-PRO, xunto a un novo inhibidor da nitrificación. Así, a liña Nergetic DYNAMIC con DUO PRO é unha solución innovadora e única no mercado, que marca unha evolución clara na protección de todos os nutrientes no fertilizante, evitando as perdas por lixiviación.

No caso específico do nitróxeno, con DUO PRO existe unha dobre protección (física e química), que aumenta aínda máis a eficiencia do uso do nitróxeno por parte dos cultivos. A protección física vai en forma de polímero regulador que recobre os gránulos de fertilizante e frea as perdas por lixiviación de nitróxeno nítrico e amoniacal; e a protección química achégaa o inhibidor da nitrificación, que consegue unha diminución da lixiviación de nitróxeno nítrico.

A dobre acción da tecnoloxía DUO PRO controla a dispoñibilidade de todos os nutrientes do fertilizante e inflúe positivamente no desenvolvemento vexetativo inicial dos cultivos, aumentando a súa produtividade ao final do ciclo. Por tanto, estamos ante o único fertilizante con dobre acción protectora sobre o nitróxeno nítrico e amoniacal, que mantén a velocidade de resposta e, ao mesmo tempo, un efecto prolongado.

Máis información no APP Fertiberia TECH  http://ow.ly/su7s30qedwb

Información complementaria na nota de prensa difundida pola empresa