Fertiberia TECH acaba de lanzar para os mercados de España e Portugal o seu novo fertilizante líquido Nutrifluid IMPULSE, co que a compañía entra con forza no segmento dos fertilizantes líquidos para fertirrigación tanto ao aire libre como en invernadoiro, un mercado en claro crecemento e altamente especializado. Nutrifluid IMPULSE incorpora unha tecnoloxía innovadora que consegue aumentar de forma importante as producións e a calidade de froito, o que se traduce nunha maior rendibilidade.
Así o valoraron os máis de 300 clientes que acudiron ás presentacións do produto en Badaxoz e Valencia e nas que puideron coñecer os excelentes resultados que xa está a dar en campo Nutrifluid IMPULSE.
Máis información na nota de prensa difundida pola compañía