Fernando Cuervo, novo director xeral de Kuhn Ibérica

Fernando Cuervo, novo director xeral de Kuhn Ibérica

A partir de mañá, día 1 de setembro, Fernando Cuervo será o novo director xeral de Kuhn Ibérica, a filial de Marketing e Distribución de Kuhn en España. Cuervo é licenciado en Economía pola Universidade de Zaragoza, PDD polo IESE Business School/Universidade de Navarra e conta con 17 anos de experiencia no grupo Kuhn, onde desempeñou as funcións de responsable de Produto e xefe de Vendas.

Con este nomeamento, Fernando Cuervo pasará a ocupar o cargo de José Lafuente, que logo dunha carreira de 20 anos na compañía, xubilarase en febreiro de 2024 e, até entón, continuará o seu traballo como asesor Sénior, facilitando a transición na dirección da entidade.

"Co nomeamento de Fernando Cuervo, asegurámoslles a nosa determinación de continuar co compromiso de Kuhn no mercado español e afrontar novos retos mediante o desenvolvemento de novos produtos e servizos que permitan satisfacer as necesidades dos nosos clientes", afirman desde a compañía.