Farming Agrícola instálase en Galicia

Farming Agrícola conta xa con presenza en Galicia. Desde hai algúns meses a súa delegación en Frades (A Coruña) presta un importante porfolio de servizos a agricultores e gandeiros da provincia.

A oferta de maquinaria nova caracterízase polos seus equipos de alta calidade entre os que destacan, debido ao tipo de explotación da zona, os tractores Steyr, con altos niveis de tecnoloxía incorporada.

Na maquinaria relacionada coa forraxe sobresaen os seus equipos de Krone, que se complementan coas encintadoras de Tanco e coa maquinaria para a posterior alimentación do gando: carros mesturadores BvL e Faresin e outros equipos para explotación gandeira da marca Bauer. Amazone completa a gama cos seus equipos de sementa, abonado e pulverización.

Ademais, Farming Agrícola é distribuidor de Gea Robotics para a provincia, na que xa instalou varias unidades dos seus robots de ordeño.

Farming Coruña conta, ademais, cun espazo na delegación destinado á maquinaria de ocasión e o seu servizo de recambios e de taller están tamén a completa disposición do cliente, mesmo en fins de semana ou días festivos.