Farming Agrícola comercializará os manipuladores telescópicos Merlo en Galicia

Farming Agrícola comercializará os manipuladores telescópicos Merlo en Galicia

Farming Agrícola reforza o seu compromiso co sector agroganadeiro galego co inicio da distribución e comercialización de manipuladores telescópicos da marca Merlo en toda Galicia. A delegación da compañía en Frades (A Coruña) será o punto desde o que se xestionará a distribución e o servizo desta gama de equipos.

Os manipuladores telescópicos Merlo destacan pola súa innovación, fiabilidade e alto rendemento, adaptándose ás necesidades dun sector cada vez máis profesionalizado. Con esta incorporación, Farming Agrícola amplía a súa oferta de marcas para poñer a disposición dos seus clientes solucións máis completas para as súas ganderías.

“Coa incorporación de Merlo damos un paso adiante na nosa misión de achegar aos profesionais do campo as mellores solucións do mercado. Galicia é unha rexión clave para nós, e queremos seguir medrando xunto aos nosos clientes”, sinala Domingo Bárbaro, director comercial de Farming Agrícola.