Éxito do IV Torneo Solidario de Pádel Ucoga

Éxito do IV Torneo Solidario de Pádel Ucoga

A cuarta edición do Torneo Solidario de Pádel Ucoga volveu reunir a numerosas compañías do sector asegurador nunha xornada marcada polo deporte, o compañeirismo e a solidariedade.

Grazas á implicación dos participantes, recadáronse alimentos valorados en máis de 5.000 euros, destinados ao Banco de Alimentos da Coruña, ademais dunha doazón adicional de 4.000 litros de leite achegada por Ucoga. “Nun ano especialmente complicado para o Banco de Alimentos, cada achega conta”, destacou Iván Novo, director xeral da correduría.

No plano deportivo, o equipo de Reale proclamouse campión, seguido por Zurich, Axa e Ucoga. Con este evento, a correduría galega reforza o seu compromiso coas causas sociais e anuncia xa que en 2026 o torneo celebrará o seu quinto aniversario con novas sorpresas.