Evolution Iberica XY presenta as novidades do seu catálogo Holstein 2020

Evolution Iberica XY presenta as novidades do seu catálogo Holstein 2020

Evolution Iberica XY anunciou dúas incorporacións ao seu catálogo do Programa de Selección en Holstein XY CREATION: Oxterril (ISU 215) e Oued (ICO 5042). Ambas as dúas en convencional e sexado, engándense coa intención de acadar o obxectivo máis demandado actualmente polos gandeiros: saúde de ubre e de pezuños, fertilidade e lonxevidade.

Súmanse a un grupo no que seguen destacando Louxor (ISU 210), touro confirmado na súa descendencia como número 1 do mundo en ISU (o 22 % das femias do TOP 100 son fillas súas), e Nacash, número 2 no ranking europeo GTPI (2787).

O Catalogo Holstein 2020 Evolution IBERICA XY ao completo está dispoñible nesta ligazón.