Euronit presenta as súas novidades en GandAgro 2019

A empresa Euronit, especializada en solucións de fibrocemento para a construción, cualifica de satisfactoria a súa primeira vez como expositores na feira Cimag-GandAgro. A novidade principal que presentaron no seu stand foi o Agrotherm Plus, unha placa de fibrocemento con poliuretano inxectado e un revestimento de PVC, o que garante unha cuberta das naves estética, illada e moi hixiénica.

Explícao neste vídeo José Antonio Martínez, xerente de zona da empresa.