EuroChem presenta stimulUS, a sinerxía entre o nitróxeno e o xofre

EuroChem presenta stimulUS, a sinerxía entre o nitróxeno e o xofre

O fertilizante mineral granulado stimulUS de EuroChem combina no mesmo gránulo a forza do nitróxeno e do xofre para proporcionarlles aos cultivos unha dobre vantaxe.

O xofre promove o uso óptimo do nitróxeno, maximizando o potencial de rendemento e a calidade do cultivo. Sen xofre, o nitróxeno (nutriente esencial para o crecemento e a produtividade dos cultivos) non pode aproveitarse completamente. O xofre actúa como motor e ten un papel esencial na conversión do nitróxeno amoniacal e/ou nítrico en aminoácidos para as plantas. Ademais, é un elemento dinamizador que participa na mobilización do fósforo e outros micronutrientes no chan.

A deficiencia de xofre nos cultivos está cada vez máis presente a nivel mundial, en parte debido a un mellor control ambiental (menor presenza de sulfatos na atmosfera) e a unha produción máis limpa de fertilizantes. Hoxe en día a agricultura necesita de fontes adicionais de xofre para alcanzar os rendementos potenciais dos cultivos.

O xofre en forma de sulfato pode ser absorbido directamente polas plantas, asegurando unha rápida dispoñibilidade para o cultivo. Con todo, o xofre elemental, que non é soluble na auga, necesita ser convertido por microorganismos oxidantes antes de que poida ser absorbido e, por tanto, pódese considerar como unha fonte de xofre a longo prazo. stimulUS contén xofre en forma de sulfato, o cal fai que este nutriente estea rapidamente dispoñible para satisfacer as necesidades inmediatas das plantas, garantindo a súa plena utilización.

A combinación de nutrientes, xunto á alta uniformidade de gránulos, fan de stimulUS a solución ideal para as aplicacións de coberteira de cultivos con alta demanda de nitróxeno e xofre, coma o millo.

Máis información do produto aquí.