WEBINARIOS ELANCO: ESTRÉS POR CALOR

Estrés por calor: canto custa?

Ver que unha vaca non nos dá o que podería darnos debido á calor do verán nunca é prato de bo gusto, nin para o orgullo dos criadores nin para a súa conta bancaria, mesmo hai efectos a longo prazo nos que a miúdo non nos detemos o suficiente e que influirán negativamente na traxectoria produtiva das novas xeracións.

Por exemplo, os xatos nacidos de vacas que sufriron estrés por calor, unha vez empezan a muxirse producirán menos leite que os xatos nacidos nunha granxa ben refrixerada*. Interesante, verdade? Vaca Pinta falou sobre iso con Marcello Guadagnini, técnico de rumiantes de Elanco, para coñecer os seus consellos prácticos.

Podedes volver ver a charla tanto na nosa sección de televisión como na nosa páxina de Facebook.


*Laporta J. et al., 2020 «Late-gestation heat stress impairs daughter and granddaughter lifetime performance” J. Dairy Sci. 103