O terceiro webinario da serie “Rumiando los jueves” de MSD Animal Health, titulado "Instalacións e saúde no manexo da recría ", terá lugar este xoves 19 de novembro ás 17:30 horas.
Laura Elvira, directora técnica da Unidade de Ruminantes de MSD Animal Health, dará a benvida a esta sesión online que constará de dous relatorios a cargo de dous expertos en recría. Primeiro, Ryan Leiterman, director dos Servizos Técnicos de Crystal Creek® mostrará algúns puntos básicos no deseño da ventilación nas casetas das xatas e contaranos como a psicoloxía humana influíu no xeito de levar a cabo estes proxectos. Despois, Carlos Carbonell, técnico veterinario de vacún reprodutor de MSD Animal Health, explicará paso a paso os puntos clave a ter en conta no deseño e manexo das instalacións nos primeiros meses de vida das xatas.