Boehringer Ingelheim Animal Health España organiza unha nova edición dos "Cara a Cara" este xoves, 18 de novembro, ás 19:30 horas. O debate, que se desenvolverá de maneira virtual, aborda un tema de absoluta actualidade como é a produción de proteína animal e o benestar animal.
No encontro participan Iñaki Espinosa, veterinario da empresa Tórax AP asesoría e produción, e Pol Llonch, investigador en benestar animal no Departamento de Ciencia Animal e dos Alimentos da Universidade Autónoma de Barcelona. Ambos analizarán se é posible producir proteína animal sen comprometer o benestar animal e farano moderados por Manuel Cerviño, asesor técnico de rumiantes de Boehringer Ingelheim Animal Health España.