Con 103 vacas en muxidura e unha media de produción de 35 litros por animal e día, Felipe Iglesias apostou por un novo carro AGM porque o anterior se lles quedaba pequeno. Esta nova adquisición é o autopropulsado Premier 170.
"Anteriormente, traballabamos con outro AGM, pero de 12 m3 e quedábasenos pequeno, obrigábanos a preparar a ración dúas ou mesmo tres veces ao día. Por este motivo decidimos adquirir un novo modelo máis grande, de 17 m3, pero máis moderno.
A marca xa a coñeciamos. A min sempre me gustaron moito os carros AGM e este vén moito máis equipado. Cambia algunha función, pero é moi cómodo. Realiza as diferentes tarefas con tan só darlle a un botón. É moi fácil e achega moita visibilidade, porque ten cámaras por todos lados.
Do servizo técnico que facilita Durán Maquinaria non hai nada que dicir. É chamalos e están aquí de inmediato, sexa de día ou de noite. En calquera momento vén o mecánico e xa está a peza doutra banda en camiño. Se fai falta, envían un camión cun carro de reposto, moi ben".