"É o momento do cambio", campaña presente no Congreso de Anembe da man de Hipra

Un ano máis, Hipra España participou no Congreso Internacional Anembe de Medicina Bovina, un dos eventos máis importantes do sector. O Palacio de Congresos de León foi o escenario elixido para a edición deste ano, que se celebrou do 24 ao 26 de maio e que contou con máis de 800 veterinarios inscritos.

A campaña "É o momento do cambio", baixo a marca Health Centricity, abanderou todas as actividades de Hipra e reflectiu o seu compromiso non só de ofrecer vacinas de calidade ao mercado, se non de focalizar o traballo nas necesidades dos seus clientes. Ademais, a compañía contribuíu ás sesións técnicas do congreso coa presentación de dous pósteres, ambos en colaboración con clientes clave. O primeiro resumía unha experiencia do uso de Nasym® no preacondicionamento de xatos. O segundo, abordaba a fiabilidade do uso de ecografía torácica para o diagnóstico de enfermidade respiratoria en xatos.

A parte das actividades do congreso, a empresa organizou un cóctel na Posada Regia, no corazón do barrio Húmido de León. A velada contou con máis de 100 asistentes e puxo fin a uns días repletos de aprendizaxe, coñecemento e boas sensacións entre clientes e o equipo de Hipra España, tal e como explican dende a compañía.