Energan (Virbac) é un reconstituínte en pasta oral que axuda a restablecer a función ruminal e prevén a cetose en bovino, ovino e caprino. O momento de usalo é sempre que aparezan signos de anorexia ou diminución da función ruminal (endotoxemia, septicemia, reticulite etc.). Ver máis en Vaca Pinta 46.
Ademais, de forma preventiva, pódese empregar no posparto en xeral e como complemento do tratamento de cetose, hipocalcemia ou outros trastornos metabólicos; en partos difíciles (distocia); en afeccións dolorosas, tales como enfermidades dos pezuños; en recuperacións cirúrxicas (desprazamento do abomaso) ou ante cambios na nutrición.
O seu impacto podémolo definir a diferentes niveis. No rume brinda un efecto estabilizador do pH, evita a súa aparición prolongada por debaixo de 5,5 e estimula a microbiota ruminal. Por outra banda, incrementa o apetito ao asegurar a dixestión apropiada da forraxe e a síntese de nutrientes necesarios para o metabolismo e a produción de leite, e proporciona un resultado positivo na prevención do desenvolvemento de acidose metabólica e corpos cetónicos. É importante lembrar tamén que un balance enerxético negativo, que provoque cetose tanto clínica como subclínica, repercute na reprodución do animal, polo que, se este ten unha achega enerxética adecuada, presentará uns mellores resultados reprodutivos.
Cada un dos seus compoñentes outorga uns beneficios concretos:
- O propilenglicol e o propionato cálcico aumentan a concentración de glicosa e diminúen a de corpos cetónicos no sangue coma o BHB, ademais de facilitarnos unha achega extra de calcio que é útil para superar a hipocalcemia e a hipomotilidade intestinal.
- O fermento de cervexa estimula a microbiota ruminal coa súa achega de aminoácidos, vitamina B e minerais traza.
- A raíz de xenciana eleva o apetito e facilita a dixestión.
En conxunto, podemos dicir que Energan Pansenstarter nos axuda a previr problemas de cetose e, desta forma, o animal terá un pico de produción máis alto.
Para administralo debe inserirse o tubo no dispensador de pasta, colocalo na boca do animal, á altura dos dentes dianteiros, e baleirar a pasta ao mesmo tempo que notamos os movementos de deglutición do exemplar.
A pauta de administración recomendada é un tubo ao día durante as primeiras 72 horas despois do parto, pero, aínda que sexa un produto que non require prescrición, este protocolo debería ser avalado polo criterio dun veterinario.