A cooperativa Delagro e a multinacional norueguesa Yara presentaron o martes 8 de xaneiro en España Nitrograss® Se, o primeiro fertilizante nitroxenado que inclúe selenio, un micronutriente que resulta clave para a saúde do gando e tamén para a saúde humana.
O acto tivo lugar no Complexo Industrial de Delagro nas Pontes (A Coruña), ante uns 50 técnicos de cooperativas de Galicia, Asturias e Cantabria. Delagro distribuirá en exclusiva no norte de España este innovador fertilizante que, xunto ao nitróxeno, tanto nítrico como amoniacal, incorpora entre outros nutrientes selenio en forma de selenato, máis facilmente asimilable e eficiente para as plantas. Trátase dun proceso natural que encadea nutrición vexetal con nutrición animal e termina en nutrición humana.
Os vídeos da xornada xa están dispoñibles na nosa sección de televisión