En crecemento continuo para chegar aos sete robots con GEA

A gandería de Uziel de Carvalho, na localidade portuguesa de Monte Redondo (Leiria), naceu en 1984 con apenas 25 animais e o crecemento paulatino en número de cabezas marcou a súa traxectoria.

Á xestión da granxa uníronse xa as súas dúas fillas, Diana e Rita, e actualmente suman un rabaño de 430 vacas, das que moxen 215 produtoras. 

Levan cinco anos traballando con robots GEA. Iniciaron a robotización do muxido con tres máquinas, aos tres anos colocaron a cuarta e agora están en pleno proceso de instalación da quinta, que comezará a funcionar a principios do ano que vén.

O incremento de produción e de número de muxidos, a mellor calidade do traballo e o control máis exhaustivo dos animais, combinado coa xestión do rabaño grazas aos colares CowScout, son os tres beneficios que lles achegou esta decisión.

Localización: Monte Redondo (Leiria, Portugal)
Número total de animais: 430
Vacas en muxidura: 215
Media de muxidos: 3
Media de produción: 36 l/vaca/día
Porcentaxe de graxa: 3,60 %
Porcentaxe de proteína: 3,30 %

Por que decidiron pasar do sistema de muxido convencional ao robotizado e cantos anos levan muxindo cos robots de GEA? 
Tiñamos dúas salas de muxido, unha de 16 puntos e outra de 9. Foi unha decisión que no seu día tomei e creo que foi un erro, porque o muxido en dúas salas posiblemente nos prexudicaba.

A decisión de pasar ao muxido robotizado foi provocada pola falta de persoal especializado para o muxido. Empezamos a ter moitos problemas e optamos por iso entre 2016 e 2017. Finalmente, comezamos a traballar cos robots en 2018, hai uns cinco anos. 

 “Gustounos moito o método de limpeza dos tetos”

Que características valoran máis do robot de GEA tanto para as vacas como para o seu traballo e a xestión da explotación? 
Por unha banda, nós traballabamos co programa de GEA desde había uns trinta anos e sempre fomos adaptándonos a todas as súas actualizacións. Por tanto, continuar coa mesma marca supuña seguir co mesmo proceso. Pareceunos que era a forma máis fácil de traballar, cun programa que xa coñeciamos. Cremos que cambiar nos complicaría un pouco a vida.

Pola outra, gustounos moito o método de limpeza dos tetos. Foi un dos motivos polo que optamos por este sistema.

Como foi a evolución do muxido robotizado na vosa granxa?
Comezamos con tres robots. Ao principio tivemos algunhas dificultades porque non soubemos adaptar ben a ración á cantidade de concentrado fornecido polo robot. Unha vez que adoptamos medidas para realizar a alimentación correctamente, o cambio foi radical. 

Na sala de muxido convencional estabamos nuns 34 litros de media. Ao comezo dos robots, baixamos a 28 litros de media e, cando atopamos a mellor forma de racionar a alimentación, chegamos a 39 litros de media. 

Con todo, a evolución, entre altos e baixos, foi moi boa.
Incorporamos o cuarto robot entre 2020 e 2021, e o ano que vén arrincaremos co quinto.

Que beneficios lles achegou o sistema de muxido robotizado?
Melloramos o número medio de muxidos, aumentou a produción e facilitáronnos moito o traballo.

 “Como media diaria anual, aproximámonos aos 36 litros e estamos en tres muxidos por vaca e día”

Que producións medias diarias por vaca obteñen cos dous robots?
A produción media diaria por animal varía ao longo do ano, fundamentalmente a consecuencia da calor, sobre todo no verán.

Como media diaria anual podemos dicir que nos aproximamos aos 36 litros.

E cal é a media de número de muxidos?
Estamos en tres muxidos por vaca e día. 

Que razas de vacas están muxindo actualmente?  
A base das nosas vacas é holstein e estamos a cruzar con montbeliarde e roxa sueca. Por unha banda, a montbeliarde é unha raza mixta de carne e leite que dá uns animais máis valorados no matadoiro. Ademais, a roxa sueca é unha raza un pouco máis pequena, que ten unha boa resistencia de patas e coa que melloramos significativamente a reprodución. 

Con este cruzamento reducimos moito o uso de medicamentos e non utilizamos apenas antibióticos.

Teñen máis equipos GEA?
Si. Traballo cos colares CowScout desde hai moitos anos. Hai máis de trinta anos que monitorizamos as nosas vacas para ver as súas producións. Naquel entón, pouco máis se podía ver.

Hoxe en día, vemos practicamente todo. Podemos ter unha percepción de todos os animais enfermos, porque nos saltan as diferentes alertas, realizar de maneira máis precisa a detección celos e controlar mellor a súa ruminación e actividade.

Isto permítenos mellorar a sanidade do noso rabaño e a calidade das nosas inseminacións, porque optimizamos ao máximo a hora na que inseminar con moi bos resultados.

Por último, o tempo de ruminación é extremadamente importante. Se algunha das nosas vacas reduce ese tempo, sabemos que algo non está ben. Reviso cada mañá estes datos e examinamos aqueles animais que están fóra do seu patrón habitual. 

Cal é a súa meta de crecemento?
A miña meta é chegar ao número de animais que me permite a explotación, fisicamente, e a base territorial, a nivel agrícola, o que esixirá uns sete robots de muxido.