Elanco nomea a Juan Cainzos técnico de Marketing en Vacún a nivel mundial

O doutor en Medicina Veterinaria e membro do equipo de Elanco Juan Cainzos acaba de aceptar o cargo de técnico de Marketing en Vacún da filial de Eli Lilly and Company, un rol que desempeñará a nivel mundial.

Despois de traballar como veterinario e outros postos técnicos e comerciais en diferentes compañías, Juan uniuse a Elanco hai cinco anos como representante de vendas na filial ibérica do equipo de lácteos, onde actualmente desempeña o papel de experto asociado en saúde animal. Cainzos conta, ademais, cun posgrao en Estatística en Ciencias da Saúde da Universidade Autónoma de Barcelona.

A pesar da nova situación, Juan, a súa muller e as súas fillas continuarán vivindo en Lugo (Galicia).