No seu compromiso por axudarlles aos veterinarios e aos gandeiros a facerlles fronte aos retos e oportunidades que xorden nos 90 días en torno ao parto da vaca, Elanco incorpora dentro do seu programa The Vital 90 Days™, un novo produto, YMCP Vitall®, desenvolvido por TechMix. Trátase dun penso complementario mineral en formato de bolos, o único do mercado que contén fermento vivo e calcio de rápida absorción que estimula a actividade ruminal e recupera o nivel óptimo de inxestión posparto.
As vacas en postparto tardan en recuperar unha plena inxestión de alimento e non adoitan obter os nutrientes necesarios para a súa rápida recuperación. YMCP Vitall® é un produto clave porque contén, entre outros moitos ingredientes, fermento vivo para o correcto funcionamento do rume e a estimulación da inxestión.
Ademais de fermento vivo, YMCP Vitall® inclúe outros nutrientes que satisfán as necesidades das vacas acabadas de parir como: calcio, para a óptima produción de costro e leite e a correcta resposta inmunitaria; magnesio, necesario para o metabolismo do calcio; potasio, responsable do correcto equilibrio hídrico; niacina, para mellorar a función hepática e espertar o apetito e, osmolito, para axudar á saúde celular.