Hoxe celébrase o Día Mundial da Veterinaria, que busca fortalecer e pór en valor a resiliencia dos veterinarios como instrumento necesario para abordar os desafíos aos que se enfrontan no seu labor diario. Por iso, a Asociación Mundial de Veterinarios (WVA) e HealthforAnimals anuncian o lema “Fortalecemento da resiliencia veterinaria”.
Elanco Animal Health apoia esta consigna e quere pór en valor a valiosa contribución do sector veterinario á sociedade. Desde a visión One Health, ter animais sans é fundamental para abordar asuntos globais como a seguridade alimentaria e a nutrición, a saúde e o benestar dos seres humanos, a sustentabilidade e a saúde do planeta. E para ter animais sans, é imprescindible que quen coidan deles e atenden a súa saúde, estean sans tamén.
Desde Elanco decidiron renderlles unha homenaxe para agradecerlles a súa gran dedicación e importante traballo para a sociedade e para iso lanzaron este vídeo.