O Premio Syva 2023 recompensará por primeira vez na súa historia tres teses doutorais de diferentes autores

O Premio Syva 2023 recompensará por primeira vez na súa historia tres teses doutorais de diferentes autores

Despois de 26 anos de historia, o prestixioso Premio Syva recoñecerá por primeira vez tres teses doutorais diferentes relacionadas coa sanidade animal. A decisión, estudada minuciosamente polo tribunal, pretende recompensar o labor de investigación do tres traballos seleccionados, concendendo así dous accésits ademais do premio habitual, polo que a dotación total ascende ata os 20.000 euros.

Tras a análise das 20 teses presentadas; Luís Ortega Moura, catedrático da Universidade Complutense de Madrid, indica que a decisión está motivada porque "vimos que tres tese destacaban sobre as demais. Aínda que as diferenzas son a miúdo cuestión de matices, é certo que un dos tres traballos merecía o primeiro premio e todos os membros do Tribunal coincidimos niso. Entón tiñamos un sentimento de "pena" por deixar ás outras dúas candidatas sen premio".

Desta maneira, o primeiro premio, dotado con 15.000 euros, corresponde a Inés Ruedas, autora da tese "Regulación de la respuesta inmune en cepas de distinta virulencia del PRRSV-1", presentada o 7 de febreiro de 2022 na Universidade de Córdoba. Como se mencionou, de maneira excepcional nesta edición 2023 tamén se outorgarán dous accésits cunha dotación de 2.500 euros cada un ás teses de María Canive ("Marcadores inmunológicos y genéticos asociados a infecciones causadas por Mycobacterium avium subsp. paratuberculosis en ganado bovino") e a Daniel Rodríguez ("Nuevos avances en el estudio de la interacción de PPRV con el sistema inmune y evaluación de un candidato vacunal DIVA"). A cerimonia oficial de entrega terá lugar o 26 de abril, onde cada un dos galardoados recibirá o seu correspondente premio.