O programa UNIFORM-Repro, agora gratis

Hoxe en día nunha explotación leiteira xéranse moitos datos, pois as novas tecnoloxías, como sistemas de muxido máis precisos, sistemas de detección de celos ou carros mesturadores máis autónomos son cada vez máis frecuentes. Todo contribúe a mellorar o sistema produtivo, pero para un bo manexo de toda a información e unha xestión máis eficaz é fundamental ter unha ferramenta capaz de integrar todos os datos, que sexa cómoda e fácil de utilizar para facer un bo seguimento da explotación. 

Por iso, UNIFORM-Agri lanza unha promoción especial para que consigas gratis unha ferramenta esencial para a gandería de vacún leiteiro: o programa de xestión de rabaños UNIFORM-Repro.

Se es gandeiro, o programa UNIFORM-Repro permíteche comunicar co programa do sistema de muxido ou o teu novo sistema de detección de celos e actividade, integrando todo nunha pantalla. Xa teñas só un programa ou máis, UNIFORM-Repro consegue mostrar toda a información nunha soa pantalla e aforrarche tempo ao introducir os datos a diario. Tamén permite importar datos de control leiteiro, xenética e axustes e levar o libro de tratamentos ou o de movementos de animais ao día.

Se es veterinario ou consultor, con UNIFORM-Repro podes beneficiarte e conseguir todos os datos das ganderías coas que traballas: reprodución, saúde e tamén as producións diarias. Tamén está dispoñible un sistema exclusivo para consultores que che achegará moita máis información para facer un mellor seguimento.



Queres saber máis? Contacta connosco chamando ao 695 45 67 35 ou enviando un correo a almudena@uniform-agri.com

Mellora a xestión do teu negocio con UNIFORM-Repro, agora é o momento!

www.uniform-agri.com/es