O primeiro Batch Milking de GEA en Galicia con oito robots, en camiño

O primeiro Batch Milking de GEA en Galicia con oito robots, en camiño

A principios de xaneiro de 2024 comezará a instalación do primeiro sistema de muxido Batch Milking en Galicia, liderado por Farming Agrícola, distribuidora de GEA en A Coruña. GEA ten xa varios proxectos deste tipo noutras rexións da península ibérica co concepto de muxido robotizado por lotes, pero este será o primeiro en instalarse en Galicia. GEA e Farming Agrícola ratifican así a súa aposta clara pola robotización e a dixitalización.

Na Coruña, Farming Agrícola conta xa con varias decenas de robots GEA en funcionamento. Esta tendencia do mercado vai máis aló dos robots de muxido. Numerosos clientes na zona apostaron tamén por Farming para a instalación de empuxadores de comida automatizados, amamantadoras para xatos e sistemas de xestión de rabaño.
Farming Agrícola, ademais, encárgase do servizo e mantemento dos equipos de toma de mostras de control leiteiro de todos os robots GEA de Galicia, nun acordo establecido con Africor, para garantir así o bo funcionamento e satisfacción dos clientes.

"A nosa aposta é clara: servizo técnico especializado para unha atención 24 horas/365 días ao ano, buscando a satisfacción do cliente e liquidando así un problema existente nas ganderías, a falta de man de obra. O muxido é un factor de vital importancia en Galicia. Farming ten técnicos formados e unha alianza sólida con GEA, provedor de tecnoloxía alemá de vangarda. Estamos moi contentos coa consecución deste novo proxecto con 8 robots, xa que vemos un futuro prometedor con esta nova tecnoloxía", comenta Juan Carlos Delgado, CEO de Farming Agrícola.

"Con este novo proxecto márcase un novo fito na robotización do muxido na Coruña e en Galicia. A necesidade de automatizar as explotacións non para de crecer e a nosa alianza con Farming Agrícola queda moito máis reforzada con este tipo proxectos", engade Francesc Oliva, director comercial de GEA Farm Technologies Ibérica.

"Fun o primeiro en apostar por Farming Agrícola para o muxido robotizado aquí na Coruña. Desde o día en que empezamos a falar con Juan Velo a opción de pór os robots ata hoxe, o asesoramento, atención e servizo posventa foron de 10. Teñen un equipo técnico especializado e comprometido cos clientes. A miña granxa deu un xiro de 360º e eu mellorei en calidade de vida", di Manuel Pose, propietario da explotación Pose Izcara SC, situada no municipio coruñés de Vimianzo.