O enxeñeiro técnico agrícola Juan José Carro incorpórase a ABS Progenex

A empresa ABS Progenex incorporou ao seu equipo de traballo a Juan José Carro Mareque, graduado en Enxeñería Técnica Agrícola e Agroalimentaria na especialidade de Explotacións Agropecuarias.

Natural de Boqueixón (A Coruña), na actualidade está completando a súa formación co Máster Universitario en Enxeñería Agronómica na especialidade de Produción do Leite.