O Grupo Tetra Laval doará 10 millóns de euros para combater o Covid-19

A pandemia do Covid-19 está tendo un impacto sen precedentes en todo o mundo. Por iso, os pensamentos e as preocupacións do Grupo Tetra Laval están con todos aqueles cuxas vidas se viron afectadas e, deste interese, nace a doazón de dez millóns de euros para combater este virus que está a pór en perigo á poboación de todo o mundo.

Á vez que mantén importantes medidas para asegurar a saúde e a seguridade dos seus empregados, o Grupo Tetra Laval, que inclúe a Tetra Pak, Sidel e DeLaval, está totalmente comprometido en desempeñar o seu papel para asegurar a subministración ininterrompida de alimentos durante estes tempos difíciles.

A multinacional sueca está agradecida pola constante contribución dos seus empregados para facer fronte a este enorme desafío, no esforzo por manter a saúde e a seguridade das persoas, así como a continuidade das subministracións de alimentos.