O grupo Leite Río conta con nova imaxe corporativa, Lence

O grupo Leite Río SA lanza nova imaxe corporativa, Lence, baixo a que se aglutinan todas as marcas integrantes da compañía, que seguirán mantendo a súa singularidade á vez que se irán renovando en liña co cambio de estratexia e cultura empresarial iniciado hai dous anos pola nova dirección da compañía, tras a incorporación de Carmen Lence como CEO.

O principal obxectivo da nova dirección é o crecemento sostible como grupo lácteo de referencia nacional, onde a innovación, a sustentabilidade, o apoio ao rural e a economía circular son eixos básicos para afrontar as demandas dun mercado cada vez máis esixente, tanto en Galicia como no panorama nacional e internacional.

O esforzo e motivación do equipo Lence contribuíu a superar un ano complicado no sector lácteo e conseguiu manter o nivel de facturación, a pesar da forte caída das vendas en hostalaría e baixada de consumo pola falta de turismo.

Máis información