O grupo Lactalis busca atraer novos talentos ao sector lácteo

O grupo Lactalis busca atraer novos talentos ao sector lácteo

A través do programa Industrial Seeds, o grupo Lactalis a nivel internacional busca recrutar mozos profesionais interesados no mundo industrial que queiran iniciar a súa carreira na compañía láctea.

O propósito deste proxecto é reter expertos que sexan capaces de adoptar roles clave ou de xestión no sector lácteo. Unha rede de apoio guiará e acompañará os participantes no programa durante os seus dous anos de duración. A partir do terceiro, os que formen parte desta iniciativa poderán optar por converterse en mentores das novas "sementes".

En concreto, buscan aspirantes formados en Produción, Mantemento, Laboratorio, Calidade ou Xestión de Proxectos, que falen inglés como segunda lingua, xa que esta formación teórica e práctica ten en conta o fomento do intercambio constante de experiencias e información entre os participantes a nivel mundial.

Concretamente, en España, os integrantes da iniciativa poderán recibir a súa formación e desenvolver a súa experiencia laboral en calquera das plantas de Lactalis en España: catro de leite e bebidas lácteas (en Granada, Vilalba, Nadela e Mollerusa), tres de queixos (en Villarrobledo, Peñafiel e Zamora) e unha de iogures e sobremesas lácteas (en Marchamalo).