O Grupo Durán inaugurou na xornada de onte, 28 de xullo, as instalacións da súa delegación de Tineo (Asturias), un evento no que participaron máis de 500 persoas, entre as que máis de 50 se achegaron no seu propio tractor ou picadora de forraxe da marca New Holland.
A infraestrutura, de 3.500 metros cadrados e para a que se destinou un investimento económico de 2 millóns de euros, alberga as delegacións das empresas Durán Maquinaria, que este ano celebra o seu 25.º aniversario, e Manto Maquinaria.
Manuel Durán foi o encargado de presentar a nova sede, quen destacou que estas instalacións seguen a filosofía de traballo do Grupo Durán ao achegarse aos seus clientes de Asturias e Cantabria co obxectivo de ofrecerlles o mellor servizo no menor tempo posible.
Ao acto, que incluíu un paseo polas instalacións e un convite para todos os presentes, acudiron José Ramón Feito Lorences, alcalde de Tineo; Marcos da Rocha, primeiro tenente de alcalde de Tineo; Begoña López Fernández, directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, e Sixto Montblanc, director comercial de maquinaria de recolección de New Holland España.
Manuel Durán, ademais, anunciou que proximamente o Grupo Durán inaugurará a delegación da Coruña, que se suma ás xa existentes en Lleida e Valladolid.