O grupo de expertos SoloDairy, impulsado por Boehringer Ingelheim, celebrou a súa primeira reunión en Gran Canaria

O grupo de expertos SoloDairy, impulsado por Boehringer Ingelheim, celebrou a súa primeira reunión en Gran Canaria

Gran Canaria foi o lugar escollido para levar a cabo a primeira reunión de SoloDairy, grupo de expertos reunido por iniciativa de Boehringer Ingelheim Animal Health España. Este encontro, que se desenvolveu do 5 ao 7 de marzo, incluíu a visita á Granxa do Furel, a maior gandería de vacún de leite de Gran Canaria, e contou coa participación de Rubén Rosales, profesor contratado doutor da Universidade de Las Palmas de Gran Canaria, que impartiu unha charla para actualizar a información sobre as infeccións causadas por Mycoplasma Bovis.

SoloDairy está formado por 14 profesionais veterinarios que traballan en ganderías de vacún de leite. Procedentes de distintos puntos de toda España, cada un dos membros de SoloDairy exerce o seu labor en explotacións con características especiais, ben polo seu tamaño, localización ou tipo de granxa.

O obxectivo das sesións de traballo é crear e consolidar unha rede de contactos profesionais ao xerar un ambiente de confianza onde os membros poidan compartir experiencias, coñecementos e formación.