O Grupo Caixa Rural duplica a súa achega a Cáritas no Día Solidario

O Grupo Caixa Rural duplica a súa achega a Cáritas no Día Solidario

Todas as entidades que forman o Grupo Caixa Rural e o equipo ciclista Caixa Rural-Seguros RGA celebraron o Día Solidario o pasado xoves, 29 de setembro. Debido á súa situación socio-económica, a entidade apostou por duplicar a súa achega e doou o 20 % das pólizas de seguros que venderon durante esa xornada a Cáritas.

O obxectivo é colaborar co traballo que fan desde Cáritas a través do programa Acollida e Atención Primaria, un proxecto que ten especial relevancia na actualidade. A través desta iniciativa ofrécese un espazo de atención e escoita para mellorar a calidade de vida das persoas. Tamén atende as necesidades básicas mediante axudas de primeira necesidade: alimentación, vivenda e saúde, entre outras.