O Foro de Expertos de Boehringer conclúe que medir o benestar é vital para mellorar a vida dos animais de granxa

O Foro de Expertos de Boehringer conclúe que medir o benestar é vital para mellorar a vida dos animais de granxa

Unha das principais conclusións do 11.º Foro de Expertos en Benestar de Animais de Granxa, organizado por Boehringer Ingelheim e celebrado en Sídney (Australia), foi que é clave entender o que realmente constitúe o benestar e garantir que se mida adecuadamente para impulsar melloras no dos animais de granxa.

Máis de 100 expertos entre veterinarios, produtores, defensores da industria e comerciantes minoristas de 10 países diferentes participaron no encontro co obxectivo de debater as últimas ideas, desafíos e oportunidades para mellorar a vida de miles de millóns de animais que nos abastecen de carne, ovos e produtos lácteos.

Máis información deste foro na súa nota de prensa