O configurador online Joskin xa permite traballar sobre todas as máquinas

O configurador onlineda marca Joskin, que comezou a funcionar a principios do pasado ano, 2021, xa permite xestionar todas as gamas de produtos da empresa. Esta aplicación, que é un exemplo claro de desenvolvemento tecnolóxico, facilita o deseño das máquinas a medida con só uns poucos clics. O obxectivo de Joskin é utilizar as solucións dixitais para estar o máis preto posible dos agricultores.

Para cada unha das gamas, dispón de opcións e equipos para atopar a configuración que mellor se adapte a cada necesidade específica. Unha vez finalizado o proceso, xérase automaticamente un prezo bruto para dar unha idea do custo final da máquina. Así, o usuario pode descargar a documentación completa da súa configuración e, se quere, realizar un pedido. 

Os remolques de gando e os aireadores foron as primeiras máquinas que se puideron configurar e, a continuación, as gamas de gandería e transporte. Agora, tamén serán obxecto de configuración as cisternas de xurro, os útiles de esparexemento, os sistemas Cargo2 e as hidrolimpadoras Joskin, que se integrarán na aplicación. 

Esta ferramenta, que é accesible en teléfonos intelixentes, tablets ou ordenadores, completa a gama de ferramentas dixitais da compañía.