O “batch milking” ou muxido por lotes, o novo concepto de muxido robotizado de DeLaval

Convidados por DeLaval, onte asistimos ao evento virtual no que presentaron o novo concepto de muxido automatizado en grandes explotacións sobre o que están a traballar: o batch milking ou muxido por lotes con VMS.

Maior simplicidade, flexibilidade e tranquilidade á hora de traballar con rabaños de gran tamaño en robot. Eses son o tres factores que quere potenciar o batch milking con VMS. “A rutina en robot é similar á dunha sala de muxido, pero a eficiencia do traballo é moito maior porque o gandeiro pode confiar no brazo automático. Por exemplo, unha explotación leiteira do sur de Italia con 450 animais en lactación utiliza 8 VMS en modo de muxido por lotes e só necesitan un empregado durante a sesión de muxido”, sinalan os portavoces da compañía.

O batch milking é moi fácil de integrar en calquera explotación: cun pequeno axuste de software os gandeiros poden utilizar o modo de muxido por lotes, e mesmo ser quen de controlar múltiples estacións de forma remota. Ademais, os clientes de grandes rabaños poden beneficiarse do novo programa InService All-Inclusive de DeLaval, un plan de servizo co que se aseguran de que a máquina funciona ao cento por cento de eficiencia durante un longo período de tempo.