Eilza presenta un novo curso de mestre queixeiro

Eilza presenta un novo curso de mestre queixeiro

A Escola de Industrias Lácteas de Zamora (Eilza) organiza unha formación de mestre queixeiro que consta de 124 horas lectivas e de 40 horas opcionais de prácticas en empresas. Desenvolverase do 17 de setembro ao 11 de decembro.

O curso combina as modalidades presencial e telepresencial; ademais, está organizado en módulos aos que os interesados poden inscribirse de maneira independente. Divídese en dous ciclos; o primeiro deles, denominado tecnoloxía láctea, consta de 7 módulos; o segundo, de tecnoloxía queixeira, ten 10 módulos.