05-08-2024
A Escola de Industrias Lácteas de Zamora (Eilza) acaba de abrir o prazo de inscrición para un curso de tomador de mostras de leite. A formación desenvolverase de forma presencial no IES Alfonso IX de Zamora durante os días 9 e 10 de outubro. En total serán 7 horas lectivas, cun horario de 16:00 a 19:30.
Para matricularse é necesario achegar unha cantidade de 150 € no caso de patróns e de 165 € para non patróns.