A cidade de Lugo acolleu na tarde de onte a entrega de premios Peme do Ano 2024, organizados polo Banco Santander e a Cámara de Comercio, coa colaboración de El Progreso de Lugo.
Entre os premiados, Durán Maquinaria recolleu o galardón na categoría de Sostibilidade, pola implementación de medidas de aforro de combustible na maquinaria que comercializan.
Grazas a este recoñecemento, os organizadores presentarán a empresa á convocatoria destes galardóns a nivel nacional.