Zoetis presenta Draxxin® Plus, tulatromicina e ketoprofeno –fármaco antiinflamatorio non esteroideo de acción rápida (AINE)– en solución inyectable para tratar, en vacún de carne e bovinos de leite non lactantes, a enfermidade respiratoria bovina (ERB) e a febre (pirexia) asociada.
Segundo explica José María San Miguel, director técnico da Unidade de Rumiantes de Zoetis, "a enfermidade respiratoria bovina cursa cun proceso de inflamación subxacente que pode progresar rapidamente e provocar desde perda de apetito ata dano pulmonar irreversible. Demostrouse que o uso combinado dun tratamento antiinflamatorio e antibiótico, en lugar deste último soamente, reduce máis rapidamente a febre e a inflamación que adoita acompañar á ERB e axuda, ademais, a acelerar a resposta ao tratamento antibiótico?.
DOUS INGREDIENTES EFICACES NUNHA ÚNICA APLICACIÓN
Cunha soa inxección subcutánea, Draxxin® Plus comeza a actuar rapidamente fronte á febre e os principais patóxenos bacterianos asociados á ERB, contribuíndo á recuperación dos animais e permitindo que estes comecen a comer de novo canto antes.
- Diminución rápida da febre: debido a que Draxxin® Plus incorpora un antiinflamatorio, trata a inflamación e a febre que adoitan acompañar á ERB. Demostrouse que o ketoprofeno, un antiinflamatorio de acción rápida, reduce a temperatura en tan só unha hora.
- Tratamento fronte ao catro patógenos principais implicados na ERB: Draxxin® Plus proporciona a mesma actividade antibacteriana de acción prolongada, que Draxxin® fronte aMannheimia haemolytica, Pasteurella multocida, Histophilus somni e Mycoplasma bovis.