Iván Rey, de Rey Martínez, e Toni Caamaño, de Ganadería Carreira, son dous mozos gandeiros de Mazaricos (A Coruña) que apostaron nos últimos anos por quedar co negocio familiar e por confiar na robotización dos procesos para unha maior eficiencia e unha mellor calidade de vida.
Os dous instalaron varios DairyRobot R9500. Rey puxo en marcha tres máquinas e Caamaño iniciou o muxido robotizado con dous robots.
En pouco tempo a valoración de ambos é moi positiva, moito mellor do que imaxinaran. Os animais adaptáronse moi ben á nova rutina e os traballadores van pouco a pouco coñecendo as novidades do seu novo traballo.
Cos arrimadores de comida FROne e os colares CowScout, tanto Iván como Toni cren que a automatización da granxa lles axudou a mellorar o benestar dos seus animais, a conseguir mellores rendementos e a gozar de moito máis tempo libre.