Dúas xovencas fillas de Newstar, no top 10 ICO de tipo

Nas novas probas xenómicas de Conafe de outubro 2020, a xovenca Gel 120 Newstar Saraj, da gandaría Can Gel SCP, mantense no número 1 do ranking de IGT (tipo), con 3,13 puntos (ICO 4564) e, ademais, con 1.104 kg de leite (+0,19 % en graxa e +0,13 % en proteína).

Pola súa banda, na posición número 8 sitúase outra filla de Newstar, Egido Pintora Newstar (Finca El Egido), con 2,96 en IGT e 4.933 puntos de ICO. Destaca ademais polo seu valor en producións: 1.234 kg de leite (+0,20 % en graxa e +0,15 % en proteína), e funcionais, con 136 en lonxevidade e 126 en reconto de células somáticas.

Así, ambas se sitúan dentro das mellores xovencas da poboación española ICO, pois á parte do seu perfil extremo en tipo, achegan excelentes características produtivas e funcionais.

As dúas xovencas son froito do traballo continuo destas ganderías por manter e contribuír ao progreso xenético da raza Holstein no noso país.

En canto ao pai, Newstar é un touro pertencente ao grupo Evolution (Programa de Selección Genética XY Creation) e caracterízase por manter excelentes índices morfológicos: IGT de 2,78, ICU de 2,45 e ICAP de 1,71, ademais de achegar 1.106 kg de leite A2A2 e 4.490 de ICO.

Segundo Evolution Ibérca XY, “este touro tan completo é froito dos principios de diversidade, excelencia e fiabildiade, máximas do grupo para poder axustarse aos obxectivos particulares de cada gandería, sempre buscando a vaca eficiente. Así, este programa oferta unha selección de touros que achegan índices xenéticos por encima do valor percentil 99 de Conafe, tanto de vacas como de xovencas, en caracteres de produción, funcionais e morfológicos, como é o caso de Newstar”.

Coñece a selección actualizada de touros que Evolution Iberica XY oferta por encima do valor percentil 99 da base poboacional de Conafe.