DKC, a nova plataforma sobre investigación e manexo en produción láctea

DKC, a nova plataforma sobre investigación e manexo en produción láctea

O Dairy Knowledge Center (DKC) é a nova plataforma global online en español e inglés onde os especialistas en produción de leite de todo o mundo poden atopar os últimos avances en investigación e manexo para aplicalos directamente no seu traballo diario. Os contidos do DKC actualízanse diariamente e tratan todos os aspectos da produción de leite, desde o cultivo das materias primas que se utilizan na alimentación dos animais ata a calidade do leite e os seus derivados.

Fernando Díaz, fundador e director do DKC, traballa en Estados Unidos como consultor leiteiro especializado en nutrición e manexo. Ofrece os seus servizos a granxas de produción láctea e empresas de alimentación, incluída nutrición e manexo alimentario, plans de cultivos forraxeiros e investigación e desenvolvemento de novos alimentos, aditivos e tecnoloxías para as vacas leiteiras.

A quen vai dirixida a plataforma global Dairy Knowledge Center (DKC)?

O DKC está dirixido a veterinarios, enxeñeiros agrónomos, técnicos e gandeiros do sector da produción de leite, así como a todos os internautas interesados na produción láctea e os beneficios do consumo de leite e produtos lácteos.

A plataforma online DKC ofrece dous partes ben diferenciadas:

  • Unha área de acceso libre para todos os internautas, integrada pola revista dixital trimestral DKC Quarterly, con artigos técnicos exclusivos sobre a actualidade da produción de leite asinados por especialistas de todo o mundo, e unha zona con información dirixida ao gran público, o DKC Blog, na que se ofrece información acerca dos beneficios do consumo de leite e derivados, entre outros temas.
  • Unha área de acceso restrinxido, que inclúe as seccións Insights, Aditivos, Alimentos, Informes clínicos e Academia DKC, nas que os usuarios rexistrados do DKC teñen acceso a resumos dos últimos artigos publicados en revistas de impacto nos que se extrae o contido práctico dos artigos, os últimos avances en alimentación do vacún leiteiro, casos clínicos reais en granxa e como se solucionaron e, por último, unha sección con formación continuada. Todo enfocado desde o punto de vista máis práctico, para facilitar ao máximo a súa aplicación inmediata ao traballo diario dos profesionais do sector.

Ademais, o DKC dispón dunha aplicación para móbiles intelixentes con sistema operativo Android e iOS que se pode configurar para recibir actualizacións en tempo real dos novos contidos da plataforma directamente no teléfono.

Acceso á área restrinxida por 1$ ao día

Os usuarios rexistrados teñen acceso permanente a todas as seccións de DKC por tan só 1$ (aproximadamente 0.88?) diario (365$ pola subscrición anual).

O DKC está equipado cunha pasarela de pago segura na que todos os interesados poden formalizar a súa subscrición mediante PayPal.