Dispoñible o terceiro episodio de Rumiland, a canle de podcast sobre ruminantes de Boehringer

Boehringer Ingelheim Animal Health España presenta Rumiland, unha canle de podcast onde grandes e pequenos ruminantes son protagonistas. Un espazo quincenal no que se abordan os temas de maior interese para os profesionais do sector nun formato próximo no que participan expertos de primeiro nivel.

Tras lanzar os dous primeiros episodios con Natividad Pérez Villalobos e Ramsés Reina como protagonistas, xa está dispoñible a terceira entrega. Trátase dunha entrevista con Vicente Jimeno na que aborda os factores que interveñen nos resultados dunha explotación de gando vacún extensivo.

Onde escoitar Rumiland

Rumiland está dispoñible na plataforma Ivoox tanto en versión web como en app para os dispositivos móbiles.

Podes acceder á canle e escoitar os episodios dispoñibles aquí: https://www.ivoox.com/podcast-rumiland_sq_f11037127_1.html
Máis información na nota de prensa emitida pola compañía