RABAÑO MONITORIZADO CON SENSEHUB® EN EL BECERRIL (CÓRDOBA)

"Desde o minuto un, que ves que funciona perfectamente, pregúntaste por que non o puxeches antes"

A granxa leiteira El Becerril, de Añora, en pleno Valle de los Pedroches, leva seis meses utilizando o sistema SenseHub®, de MSD Animal Health, para a monitorización de todos os seus animais. A detección de celos, o control da saúde e a xestión do estrés por calor foron o tres obxectivos polos que Bartolomé López e Belén García tomaron a decisión de identificar as súas vacas de leite con estes colares. Nesta entrevista comparten como está a ser a súa experiencia.

Por que decidiron investir nun sistema de monitorización como SenseHub®?
Déronnolo a probar e vimos que nos facilitaba moito o funcionamento da granxa. É un apoio moi grande, porque ti podes tardar en ver un celo ou un problema, pero o programa avísache e é unha gran vantaxe.
Tras o tempo de proba, decidimos incorporalo ao noso día a día para conseguir maior rendibilidade e mellor manexo.

Cando instalaron o sistema SenseHub® e con que animais?
Colocamos os colares definitivamente hai seis meses. Nun principio, comezamos coas vacas de leite e, á semana, cando o programa púxose ao día dos datos de cada animal, empezamos a ver como funcionaba e decidimos instalalo en todos os animais, para maior facilidade de manexo.

A adaptación foi complicada?
Non, porque non inflúe nos animais e non lles molesta.

Como o utilizan no día a día?
Chego á granxa, ou xa desde casa, e miro as alertas que teño. Os primeiros datos que consulto son os das vacas de preparto e posparto, que son as máis problemáticas.
Con base niso xa imos con certa preparación ao muxido e xa sabemos que animais poden ter algún problema.

Que vantaxes ou beneficios notaron desde que traballan con este sistema?
Gañei moitísimo en fertilidade, iso é o principal. 
Logo, tamén mellorei en todo o que se refire ao diagnóstico de vacas enfermas, porque nos adiantamos aos posibles problemas. Antes de que se poñan malas, xa estamos nós pendentes. Anteriormente, cando te dabas conta, xa estaba a enfermidade en pleno esplendor.

Ademais, o programa permítenos certo aforro de medicamentos. Por exemplo, reducimos moito o gasto en antibióticos e hormonas, porque gastabamos máis para loitar contra enfermidades ou realizar protocolos e agora o gasto é mínimo.

"É unha vantaxe en benestar animal e en benestar persoal. Axuda a ter máis tempo libre e máis tranquilidade"

Adiántome a que as vacas se poñan enfermas e levo o control ao 100 % de todos os meus animais. Doume conta de que se me escapaban moitos.
Nótanse os cambios rápido. Desde o minuto un, que ves que funciona perfectamente, pregúntaste por que non o puxeches antes.
Axudounos moito, a preocupación non é a mesma e achéganos moita seguridade.

Que importancia ten o servizo técnico posvenda?
Moita. Cando temos un problema, chamámolos, explícannos como funciona e, se hai algunha cousa que non entendemos, ao momento facilítannola. Dan moi bo servizo. Estamos contentos.

Recomendarían este sistema a outros gandeiros?
Eu recomendaríallo a todo o mundo. Creo que non o teñen máis gandeiros porque non o probaron. Se o probasen, pediríano desde o minuto uno, coma min. 

ANTONIO DÍAZ
Sales Manager de SenseHub® en MSD Animal Health

 

"Os sistemas SenseHub® danlle ao gandeiro, sobre todo, tranquilidade,  porque os seus animais van estar monitorizados dunha forma homoxénea 24 horas ao día"

 

Cales eran os obxectivos a cumprir nesta gandería coa instalación de SenseHub®?
Buscaban, principalmente, un sistema que lles permitise optimizar a detección de celos á vez que xestionar todo o referente á saúde, para poder anticiparse a problemas, e, algo moi importante, realizar o control de todo o relacionado co estrés por calor.

 

Que beneficios achegan os sistemas de monitorización aos gandeiros?
Os sistemas de monitorización SenseHub® danlle ao gandeiro, sobre todo, tranquilidade, porque os seus animais van estar monitorizados dunha forma homoxénea 24 horas ao día, 7 días á semana e 365 días ao ano.
O sistema permite vixiar calquera alteración  sobre o comportamento normal dos animais, coa garantía de que as alertas  de celo van ser moi precisas, as alertas de saúde vannos pór en preaviso e adiantarnos a posibles problemas de saúde dos animais e que poderemos levar a cabo unha xestión mellor do estrés por calor, xa que optimizaremos os sistemas de refrixeración que se utilicen na granxa.

 

Que apoio técnico se ofrece aos clientes tras a venda do sistema?
Desde o equipo de SenseHub® achegámoslles aos clientes un soporte técnico ante calquera tipo de incidencia puramente tecnolóxica, pero tamén asesoramos á hora de ver cales son os mellores axustes que podemos facer no sistema para adaptalo a un mellor funcionamento da granxa en cuestión. 
Ademais, as referencias dos datos trasladámolas aos técnicos de cada aspecto das explotacións: reprodución, alimentación...

 

Como traballan co gandeiro?
Unha vez instalado o sistema, seguimos mantendo un contacto co gandeiro para revisar que todo funciona correctamente e, ás veces, son eles os que nos chaman con dúbidas ou con algunha modificación que teñamos que facer no programa. Periodicamente revísase o status sanitario e de alertas de cada explotación e adaptamos un pouco as circunstancias que poden ir cambiando na granxa.