Desde DeLaval España e Portugal continúan apoiando a loita contra o cancro de mama

Desde DeLaval España e Portugal continúan apoiando a loita contra o cancro de mama

Un ano máis, desde DeLaval España e Portugal reafírman o seu compromiso coa loita contra o cancro de mama, unha causa que afecta millóns de persoas en todo o mundo. Por iso, durante este mes de outubro volven a poñer á venda os seus dous produtos solidarios de edición especial: o cepillo de hixiene rosa e o cilindro de fibras rosa do cepillo rotativo SCB.

Os beneficios xerados pola venda destas unidades, dispoñibles desde hoxe ata o 31 de outubro, serán destinados novamente en España ao Grupo GEICAM de Investigación en Cancro de Mama. Os beneficios obtidos polas vendas destes produtos en Portugal irán para a asociación de apoio á muller con Cancro de Mama APAMCM.

Esta iniciativa, que tivo unha boa acollida en edicións anteriores, xorde da convicción de que pequenas accións poden xerar un grande impacto. Apostar por estes produtos non só significa investir en benestar animal, senón tamén en solidariedade e esperanza, tal e como contan desde DeLaval.

Tanto o cepillo de hixiene coma o cilindro de fibras do cepillo rotativo SCB, deseñados cunha distintiva cor rosa como símbolo de apoio, están dispoñibles a través da rede oficial de distribuidores DeLaval. Desde a compañía invitan aos seus clientes a sumarse a esta campaña que busca recadar fondos, visibilizar a enfermidade e lembrar a importancia da prevención e do diagnóstico precoz.